Máis Cancións sobre Toxos, Cardos e Silveiras (2012)

by ruxe-ruxe

/
  • Streaming + Download

     

1.
2.
03:07
3.
4.
03:55
5.
02:40
6.
04:09
7.
8.
9.
02:09
10.
11.
12.
01:46
13.
14.
15.
16.
17.

about

DESCARGAO DE BALDE EN WWW.RUXERUXE.COM

Gravado e producido por Javier Abreu en Oceano Estudios (Nigrán, GZ). Masterizado por Nick Litwin en Mastering Mansion (Madrid)

Colaboran: Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios Ke Te Crew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zënzar) e Esteban (Skacha)

WARNING!!!

"Máis Cancións sobre Toxos, Cardos e Silveiras" son dezasete ideas feridas, espetadas e desesperadas. Son dezasete porfías, dezasete ouveos adoecidos e cuspidos a lume e frío. "Máis Cancións sobre Toxos, Cardos e Silveiras" son dezasete alentos de animais perdidos nunha noite de lúa chea, lóstregos e desamparo...Somos ti máis eu...namorados, fuxidos, espidos...e máis quentes ca nunca ao abeiro da intemperie.

TÁS AVISAD@!!!

credits

released March 31, 2012

Gravado e producido por Javier Abreu en Oceano Estudios (Nigrán, GZ). Masterizado por Nick Litwin en Mastering Mansion (Madrid)

Colaboran: Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios Ke Te Crew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zënzar) e Esteban (Skacha)

tags

license

all rights reserved

about

ruxe-ruxe Santiago De Compostela, Spain

Rock & Punk Since 1996

contact / help

Contact ruxe-ruxe

Streaming and
Download help

Track Name: Rock do País
Rock da terra, rock do país,
rock enxebre, rock feito aquí,
rock cargado, rock disparado,
rock sinceiro, rock para ti.

Rock salvaxe, rock guerrilleiro,
rock punkeiro, rock de torreiro,
rock esquecido, rock pisoteado,
rock de fouce en alto, rock contra todo.

...ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS
ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...

rock asqueado, rock mosqueado,
rock ferido, rock incendiario,
rock cortante, rock desafiante,
rock fora-ialma, na fura de diante.

Rock molesto, rock insumiso,
rock bravú, rock compromiso,
rock maldito, rock escocido,
rock doente na liña da fronte.

...ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS
ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...

Rock que cuspe contra o poder,
rock que fai cancelas caer,
rock profundo, rock de regato,
rock de choiva, vento de outeiro

rock de oceano, rock de semente,
rock da língua, rock da nosa xente,
rock proletario, rock irmandiño,
rock sentido, rock sempre erguido.


...ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS
ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...

...SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...
Track Name: A Deshora
MALDITA DESHORA, TERRIBLE DESHORA
ESTRAÑO CASTIGO, LONGA NOITE QUE SE ALONGA.
PESO DA CRUZ ETERNA, ETERNA TORMENTA
SEMPRE É DÍA DE DEFUNTOS SEMPRE É NOITE DE PANTASMAS.

E a deshora, a deshora na miña aldea sempre trona...
e a deshora, a deshora nesta terra nunca escampa,
a deshora, a deshora, SEMPRE a deshora.
a deshora, a deshora, sempre estamos a deshora...

E hoxe dan paseo triunfal pola fiestra eléctrica,
o séquito está a tocar unha marcha militar,
cen mil gaiteiros CUSPEN NOTAS DE CELEBRACIÓN
CEN MIL GAITEIROS mortos van honrando ao seu patrón.

E a deshora, a deshora na miña aldea sempre trona...
e a deshora, a deshora nesta terra nunca escampa,
a deshora, a deshora este reloxo non arranca,
a deshora, a deshora, sempre estamos a deshora...
Track Name: Cancións Macarras
Sei que me queres, sabes que te quero.
Detrás de ti vou coma un cadelo.
Sei que me odias, sabes que te odio

E agora non me pidas que che cante cancións de amor.
Escoitar cancións macarras é o que a ti che pon.

CANCIÓNS MACARRAS

Sabes que te desexo, sei que me desexas
Préstame espiarte, ver como camiñas.
Sei que estás farta, sabes que estou farto.

E agora non me pidas que che cante cancións de amor.
Escoitar cancións macarras é o que a ti che pon.

CANCIÓNS MACARRAS

Sei que te quento, sabes que me quentas.
Todo se vira ascuas cando ti me miras.
Sei que te queimo, sabes que me queimas.

E agora non me pidas que che cante cancións de amor.
Escoitar cancións macarras é o que a ti che pon.

CANCIÓNS MACARRAS
Track Name: Adiante
O tempo pasa e é que o tempo non para
mentres arredo das nostalxias do pasado...pero
os cemiterios vanse enchendo de amores
o corazón vai baleirando de amizades

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!

...e ás veces son monstros enormes que dan medo,
e ás veces son pantasmas que se meten dentro,
dentro de min no máis profundo do cerebro
e roen todo, esgazan, rompen, rachan todo.

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!

...e ás veces cambia o tempo e dóeme todo
e caio ao chan e peto forte contra o fondo,
e "nockeado" collo aire no curruncho,
limpo as feridas, paro a conta e loito

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!
Track Name: Preas
Fíxose de día ao abeiro da taberna
E aquí non marcha nadie!, non remata a esmorga !!
Non remata a esmorga, non remata a esmorga,
fíxose de día e non remata a esmorga !

E nós co carro cheo petado ata as canizas,
Rúa de San Pedro ! imos coma preas !

... imos coma preas ... PREAS !!!

Alén do universo, do Tattoine ao Trasgo,
Fomos pola chama a fume de carozo.
A fume de carozo, a lume de metralla,
viñemos de rachí e fomos pola chama.

E nós co carro cheo petado ata as canizas,
Rúa de San Pedro !  imos coma preas !

... imos coma preas ... PREAS !!!

Íamos bébedos, íamos coma preas,
Íamos bébedos, íamos coma preas.

E quere cantar o ghalo e o ghalo quere cantar,
Dicídelle a ese ghalo que deixe de cantar.
Que deixe de cantar, que deixe de cantar,
Ese fodido ghalo que deixe de cantar.

E nós co carro cheo petado ata as canizas,
Rúa de San Pedro ! imos coma preas !

.. imos coma preas ... PREAS !!!
Track Name: Vellos Punks
Eternos penedos, ventos de liberdade.
Palabras malditas que nunca calan…
Fouces ben erguidas e actitude,
Miolos coma rochas, rochas que non quebran …

OS VELLOS PUNKS??
OS VELLOS PUNKS NON MORREN …

Vento do gueto, vento que respira,
Vento que ouvea, vento que barulla.
Vento da terra, vento que asubía,
Vento que fala, vento que aloumiña.

OS VELLOS PUNKS?? 
OS VELLOS PUNKS  NON MORREN …

Colección de alfaias, discos de vinilo,
verdades cuspidas a lume e ferro.
Soa vello punk esta noite na radio.
Soa vello punk … xa sinto o latexo.

OS VELLOS PUNKS??
OS VELLOS PUNKS NON MORREN …
Track Name: Noite de Alimarias
Esta noite é noite de candeas,
noite de animais, noite de dentadas.
Esta noite é de horas adoecidas.
Esta noite é de ouveos e alimarias.

Atopar saída a tantos labirintos.
Atopar acougo a todos os medos.
Arredar das fauces, non ficar durmidos,
abrir ben os ollos, afastar perigos.

QUÉDATE ESTA NOITE,
ESTA NOITE ... QUÉDATE
QUÉDATE ESTA NOITE COMIGO

Esta noite é noite de arañas,
Noite de ruídos, noite de pantasmas.
Esta noite é de agullas espetadas,
Esta noite é de berros e alimarias.

QUÉDATE ESTA NOITE,
ESTA NOITE ... QUÉDATE
QUÉDATE ESTA NOITE COMIGO
Track Name: Éche o que Hai
Non entendo nada … que carallo pasa aquí ?
No ceo rebulen centos de voitres.
Centos de vampiros, centos de caciques.
Todos tan famentos … todos tan contentos.

Ai ai ai ai … éche o que hai

Non entendo nada … que carallo pasa aquí ?
Estados asasinos, sanguentas relixións.
Democracias militares, banqueiros ladróns.
Todos tan famentos … todos tan contentos.

Ai ai ai ai … éche o que hai

Non entendo nada … que carallo pasa aquí,
Esto é unha caldeira a piques de estourar.
xoguetes de corda, monifates dirixidos,
todos tan contentos … todos fodidos.

Ai ai ai ai …éche o que hai
Track Name: Elvis
Elvis está vivo, pero está colgado.
Xa non é o máis rico deste cemiterio.
Vive en Malasaña, vai sempre pasado
Ten os ollos tristes e xa non dá cantado.

O rei está de volta, pero está colocado,
non hai deus que ature a un tipo tan pesado.

Elvis está morto, eu funlle ao enterro,
o crego ía de branco e cantaba un coro.
Un coro de anxiños desafinando salmos,
camiño de Graceland cara o camposanto.

O rei está de volta, pero está colocado,
non hai deus que ature a un tipo tan pesado.

Elvis dálle ao rabo … pero está drogado
Estame dando a chapa, seica é republicano
E eu piro para as Vegas que me está a agardar,
Unha fermosa loira que quere casar.

O rei está de volta, pero está colocado,
non hai deus que ature a un tipo tan pesado.
Track Name: Espiñas Espetadas
700 golpes, medio morto estou,
teño o corazón coma un coador.
700 balas, espiñas espetadas ...
... que canto máis me doen menos quero arrincalas.

... e vou buscando un can que me lamba as feridas
... e vou buscando un can que as feridas me lamba !!!

700 golpes, sacudido estou,
e ti buscas liorta, agarda que vou.
700 balas, espiñas espetadas ...
... que canto máis me doen menos quero arrincalas.

... e vou buscando un can que me lamba as feridas
... e vou buscando un can que as feridas me lamba !!!

O tempo vai pasando, desangrando vou
co sistema nervioso a punto de explosión.
Xiro dando tombos, deambulando vou
Cara ao máis profundo e sen solución.

... e vou buscando un can que me lamba as feridas
... e vou buscando un can que as feridas me lamba !!!
Track Name: Entre Cascallos
Vai pasando todo tan rápido
e de novo baixo a choiva,
de novo nolos dous.

Rompendo reloxos, disparando ao ar …
e sempre entre balazos … tentando respirar.

TENTANDO RESPIRAR
AQUÍ ESTAMOS
TENTANDO RESPIRAR
ENTRE CASCALLOS

Vai pasando todo tan rápido
e de novo a intemperie,
de novo nolos dous.

Baixo ruídos que atronan,
baixo mísiles cruzados.

Vendo romper o ceo
vendo como todo se desfai.


TENTANDO RESPIRAR
AQUÍ ESTAMOS
TENTANDO RESPIRAR
ENTRE CASCALLOS
Track Name: Carabuñando
Afiando a Gadaña
Ela agarda e desespera.
Tes o número da sorte
e ela sempre está doente.

Entre Medo e Desalento
Loitando polo carreiro,
cara a luz do infinito,
ninguén sabe a onde imos.

Ves pasalo todo a toda velocidade.
Fotograma a Fotograma non hai quen o pare.
Ela carabuña mentras de esguello te mira,
ela carabuña mentras todo se termina.

ELA ESTÁ CARABUÑANDO !!!

Vas fuxindo cara adiante,
ela afía e devece,
ti tentando escaparte
e ela tentando atraparte.

ELA ESTÁ CARABUÑANDO !!!
Track Name: Rock and Roll Heroe
Son unha estrela do rock and roll,
Saio nas portadas, son o teu heroe.
Estás hoxe de sorte ... queres que che asine ?

Son unha estrela do rock and roll,
Prendo con billetes lume aos meus xarutos.
Estás hoxe de sorte . ... queres que che asine ?

heieieei ... rock and roll heroe

Son unha estrela do rock and roll,
Gravo outra merda e todos alucinan.
Hoxe estás de sorte ... queres te bique ?

Son unha estrela do rock and roll,
Canto para os pobres, viaxo en limusina
Hoxe estás de sorte ... queres que te bique ?

heieieei ... rock and roll heroe

Son unha estrela do rock and roll,
un eterno infante feito a cirurxía.
Unha fodida, estrela do rock and roll,
Convido ao teu alcalde a drogas e orxías

heieieei ... rock and roll heroe
Track Name: Que o Demo me Leve I
Xa hai anos que morrín
o Demo escolleume a min
nisas houben de trocar
teu amor pola miseria.

e ouveei coma un can
polos carreiros da noite
e o xarope das tabernas
axudoume a esquecerte

Que o Demo me leve
que o Demo me leve, si
que o Demo me leve
onde teña que levarme

E fun ate San Andrés
arrastrando a miña ánima
pero a fror de namorar
riuse do meu desamparo.

e con forma de animal
entre cóbrega e diaño
retorcendo nos recordos
continuei o meu camiño

Que o Demo me leve
que o Demo me leve, si
que o Demo me leve
onde teña que levarme
Track Name: Que o Demo me Leve II
Xa hai anos que morrín
o Demo escolleume a min
nisas houben de trocar
teu amor pola miseria.

e ouveei coma un can
polos carreiros da noite
e o xarope das tabernas
axudoume a esquecerte

Que o Demo me leve
que o Demo me leve, si
que o Demo me leve
onde teña que levarme

E fun ate San Andrés
arrastrando a miña ánima
pero a fror de namorar
riuse do meu desamparo.

e con forma de animal
entre cóbrega e diaño
retorcendo nos recordos
continuei o meu camiño

Que o Demo me leve
que o Demo me leve, si
que o Demo me leve
onde teña que levarme
Track Name: Whisky e Pandeiretas
Whisky e Pandeiretas no Xabral !!!
Animais Salvaxes no Xabral !!!
Track Name: Sempre Adiante (por DKTC)
Camiña en contra do vento e da marea
Saborea o que é a experiencia de bater sempre coa mesma pedra, Que ninguén entenda nin comparta a túa idea Nin tampouco o teu camino pero arrea!
Xa sei que a viaxe nesta noria te marea non che queda outra,
pois a vida é o noso billete neste traxecto cara a morte agárrate ben, abrocha o cinto e enche a bolsa de recordos …
precisarémolos cando entremos no túnel e na oscuridade dos vagóns
e esteamos sós e ó principio do fin e ó final non temos medo pois estamos de paso pois pronto nos veremos neste novo comezo de novo neste circo, neste circulo de novo no circuito, esquivando outra vez o mesmo bache, deixandoo atrás e mirando cara adiante.

Cando menos os esperes e menos o necesites as pantasma viránche a buscar alí onde te atopes e sacarán todo o lixo que tes gardado no piso pra fora tes o síndrome de Dióxenes pero estabas limpo outrora. Lume purificador queremos lume Lume pra que arda toda a merda que te afunde Nese cemiterio de vagoas que non foron choradas, Chora coma un home e sinte as puñaladas, Cicatriz tras cicatriz, punto por punto Sínte-las feridas do teu tempo no teu lombo E pesan, ás veces escocen Ás veces por sorte namais que son roces Temos que botarlle whiskey e huevos Pra que pechen, pra que curen, Pra que deixen de doer e que se borren (e non sanguen) Temos que buscar a alegría na ironía de que o día a día é o único que temos (e velarse) (pre-estribillo)

Espabila, non pares, apura xa sabes que isto pra sempre non dura Como non te organices colega non che vai dar tempo, teno por seguro Pensar no futuro te agobia pois sabes que a morte non pode ter cura Que a tumba está ahí agardando por ti e que ata pagarás pola sepultura.

ADIANTE, ADIANTE, SEMPRE ADIANTE

Sobrevive, medra, deixa descendencia É o único que se che pide a cambio da existencia,
O demáis son pallas mentais son soños irreais
Son aires que nublan a túa cabeza.
Da misa a media, do que diga o mass media nin a metade
Non asintas coma un borrego, non sintas medo En realidade queremos necesitamos creernos importantes Magnificarnos tanto fainos ser máis vulnerables.
Crer que despois da morte hai outra vida Crer que un Deus observa todo dende arriba E se te elixe a ti, te elixe a ti vas ó Ceo, Prefiro pensar que esta vida é todo o que teño A familia, os colegas, Ía dos meus amores, Son todo o que levarei para a miña tumba, aforra as flores. Do motor e amor combustión eterna Fai que mereza a pena este paseo pola terra.

O paso do tempo do que non escapa ninguén Fainos máis fortes e aprendemos del E os que andan metendo paos nas rodas Tronzalle-lo non me fodas!
Espertei cun pesadelo sumerxido nas profundidades mariñas Vivilo para creelo! Alí non existe a palabra piedade alí non chega a claridade, só recordo moreas de sal na miña cara e non podía ver nada pero espertei e saquei tódalas pantasmas a bailar de unha en unha tangos, muiñeira, breakdance, a danza do sol leveinas de paseo polo mundo e berramos na desgarradora danza do deserto, agora ando esperto cunha grande lección que teño sempre de perto.
O paso do tempo do que non fuxe ninguén, Fainos aprender do que pasa nel Para ben e para mal, adiante Sen alentar

Espabila, non pares, apura xa sabes que isto pra sempre non dura Como non te organices colega non che vai dar tempo, teno por seguro Pensar no futuro te agobia pois sabes que a morte non pode ter cura Que a tumba está ahí agardando por ti e que ata pagarás pola sepultura.


ADIANTE, ADIANTE, SEMPRE ADIANTE