Xigantes (2008)

by ruxe-ruxe

/
  •  

1.
03:15
2.
03:30
3.
05:23
4.
5.
04:40
6.
04:59
7.
03:33
8.
03:51
9.
04:17
10.
11.
02:55
12.
07:43

about

WARNING !!
Xigantes son unha ducia de liortas a cara de can entre fumes e lumes, entre fouces e puñadas. Son doce folerpas de neve con forma de estrela e luz que se acenden cada noite e que endexamais nos deixarán durmir. Xigantes somos ti e máis eu cada vez que arrincamos outro día do almanaque...

tás avisado!

credits

released 01 January 2008

www.ruxeruxe.com

Ruxe-Ruxe 2008

tags

license

all rights reserved

feeds

feeds for this album, this artist
Track Name: Xigantes
Entre monstros enormes aquí estamos ti mais eu,
entre fumes e lumes, pequenos fronte a xigantes.

Entre días e noites, desfacemos almanaques,
ti mais eu, eu mais ti, na corda frouxa somos…camiñantes.

… NO VELLO CARREIRO,
Á TÚA BEIRA ESTAREI,
ERGUEREI A FOUCE
E NUNCA ACOUGAREI

… XAMAIS ACOUGAREI …

Eu saberei coidarte, librareite de todo mal,
dos enormes xigantes, dos monstros da escuridade.

E levareite da man, matarei en mil liortas,
todo o que é meu che darei,…se fai falla… rezarei.
Track Name: Ratos Mortos
Vou camiño a ningunha parte,
ollando un mapa que leva a ningures,
vou perdido e trabuco os meus pasos,
téñote diante e nunca te atopo...non

Polo camiño que vai á miña aldea,
habitan seres debaixo dos cogumelos,
pasan o día pasados de pellote,
podes oílos pero non podes velos...non

E pola rúa hai ratos mortos,
corazóns derruídos e cascallos,
e pola beira hai seres macabros,
e hoxe é un día deses tan raros...

Polo camiño que me leva ós teus beizos,
hoxe adiantoume un caracol
e debe ser que teño un día moi lento,
e o teu amor é de competición.

Polo carreiro que me leva ós teus soños
Hoxe pasoume unha tartaruga
Debe ser que sempre estou despistado,
ti voando… eu sempre mergullando.

Ti nas alturas, eu subterráneo,
Ti no universo, eu enterrado,
Ti dereitiña, eu extraviado,
Ti nas estrelas, eu estrelado…

Polo camiño que vai á miña casa,
hai un monstro que ladra ó pasar,
ten as queixadas coma un dinosauro,
e se non o bicas non che deixa pasar.
Track Name: Ferrallas
Todo é lixo e ferrallas
neste burato, desordenadas,
e todo se vira escuro debaixo da uralita,
mentras derrubo muros a puñadas.

E peto ben forte cos puños,
contra pantasmas e aramados …
e fendo rodas de muíño…

…e entre restrollos e ferralla…

...eu na miña esquina …
… comezo … outra batalla ….

Todo é lume e ferrallas,
Neste deserto, desordenadas,
e todo se vira cinzas baixo o universo,
mentres derrubo soños a pedradas.
Track Name: Rock and Roll
Estou farto de todo, ¡non me importa nada!
Teño o demo no corpo, e férveme a alma.
Xa destrocei cristais, xa queimei bandeiras,
e xa me parou o corazón unha semaniña enteira.

Nada me ensinaron os mestres na escola,
de pequechiño engancheime á coca-cola,
nunca me fiei dos libros de historia,
preferín tronzar muros coa miña cachola.

…e eu …QUERO ROCK AND ROLL…
…TODA A NOITE E TODO O DÍA…

E xisquei os principios todos nun montón,
Fun idiota, crin na revolución,
e o vello con razón moito me ten berrado.
meto os dedos nun enchufe e non dou “espabilado”.

E hoxe é mal día para o r&r,
o xugo deste arado non deixa ver o sol,
e levo os petos cheos de pedras, ogallá foran millóns,
“docamal miña raíña” eu só che podo dar os meus beixos.

…e eu …QUERO ROCK AND ROLL…
…TODA A NOITE E TODO O DÍA…

E virouse tola a maquinaria do reloxo,
sacúdeme no peito se me quedo durmido,
que aquí non cre en deus nin sequera o crego,
e xa adoece por mín o fodido burato.
Track Name: Paifoco
Por un anaquiño de pan, faste bo e veste á man,
pero ao carón da ghramalleira haiche lume e ¡tamén hai fame!
Por un anaquiño de pan, faste bo e veste á man,
pero ao carón da ghramalleira haiche lume e ¡tamén hai fame!

… o paifoco vai, artilleiro cruzando o ar,
o paifoco vai, esta noite asasinar,
o paifoco vai, artilleiro cruzando o ar,
o paifoco vai, esta noite a liberar…

E o ministro que reparte o mundo esqueceuse ¡outra vez de ti!,
e os piratas botando a partida tampouco saben ¡quen es ti!,
repartiron todos os trunfos e a ti tocouche ¡toda a palla!
O paxaro perde a paciencia, o pobre intenta pero non dá…

… o paifoco vai, artilleiro cruzando o ar,
o paifoco vai, esta noite asasinar,
o paifoco vai, artilleiro cruzando o ar,
o paifoco vai, esta noite a liberar…

Quen fala de revolución, na escuridade ¡non hai bandeiras!
Quen fala de revolución, na escuridade ¡non hai bandeiras!
Quen fala de revolución, na escuridade ¡non hai bandeiras!
Quen fala de revolución, na escuridade ¡non hai bandeiras!
Track Name: Anacos
Dei voltas sobre a miña propia cabeza
cando me lancei en picado
e despois esquecín ata a hora que era
e perdinme en pensamentos cos meus ollos pechados.

E petei cos meus osos contra o chao unha e outra vez
e pensei tantas cousas, tantas cousas cavilei
que entretanto ó frío chan…acostumei.

…e rompín en cachiños
cada pedazo de min,
e desfíxenme en anacos,
de todo me descosín…, (de todo me consumín)

E espertei unha tarde na que todo estaba a escuras,
nun burato no que as toupas me facían compañía
e encendín unha cera para tentar coa baralla
solitarios imposibles que endexamais terminaba…

E falei con pantasmas que a mente imaxinaba,
e cos pés ben coutados non fose que toleara,
ata que un día o demo polo baixo me chamara
para que as ascuas do inferno os meus osos me quentara…

… E agora xa son auga, xa son cinza, xa son aire,
agora son regato, son atmosfera, son home,
e agora xa son peixe, xa son terra, xa son ave,
e agora xa son vento, son semente, xa son mare.
Track Name: Cicuta
Cadeiras de rodas,
cancros, vidas cruzadas.
Edificios, soidades, billetes.
Trens e pontes.

…e nos prados cicuta.

Cirios, opio, choiva aceda,
antenas e cables.
Farmacias, cancelas, bares,
desertos e luces.

…e nos prados cicuta.

Golpes, seres e deberes
ruídos e palabras.
Reloxos, amnesias, futuro,
osíxeno e ozono.
Track Name: Gurb
Mirar cara a atrás non me fixo mal
ó dar o triple salto mortal.
Naturalizar, desnaturalizar,
xa non sei onde te atopar

…non hai novas, non hai novas de GURB…

Farto de buscar na cidade condal
talvez te fixeches ó mar,
ou andas a cantar nalgún festival
e es a nova estrela local…

…non hai novas, non hai novas de GURB…

Na costa da morte ¿andará a mariscar?,
ningén ten novas do rapáz,
e eu a alunizar e logo a aterrar,
xa estou ata o carallo de aparcar…

…non hai novas, non hai novas de GURB…
Track Name: Matemáticas
Boto contas de cabeza e os números non cadran,
e acho solucións horribles cos anacos que me sobran.

Levo o resto cos dedos esprimíndome os miolos,
teño na cachola un lío e non entendo os resultados.

...son as miñas matemáticas...
…que nunca cadran…

Penso demasiadas cousas, son unha calculadora,
todo é un conxunto baleiro, todo esto é un problema.

A física non ten sentido, a química está equivocada.
As letras estan alteradas, o enunciado non di nada.

...son as miñas matemáticas...

Enriba do meu escritorio hai unha bola de cristal
que predí a fín do mundo e sempre se volve equivocar.

¿Será que bota mal as contas?, ¿que ten a fórmula ó revés?,
ou ¿será que as miñas matemáticas non teñen cabeza nin pés?
...son as miñas matemáticas...
Track Name: Colección de Ideas Cativas
Agochadas nun caixón ó carón da imaxinación,
alí gardamos nós unha estraña colección...

As palabras do revés, os acordes de tres en tres,
e un cortello cheo de espantallos, de almanaques e ruídos.

...É A NOSA COLECCIÓN DE IDEAS CATIVAS...

Temos xenio e decepcións, teas que son transparentes,
temos feridas e un feixe de esquelas diferentes.

Tamén temos miniaturas de espidos e posturas,
que nos fan perder o xuízo cando todo queda a escuras.

...É A NOSA COLECCIÓN DE IDEAS CATIVAS...

Edificios e semáforos, neve en xullo, sol de inverno,
e as agullas do reloxo xiscadas polo tellado.

É a nosa estraña colección de ideas despistadas,
que irán connosco nun caixón para sempre alí …gardadas...
Track Name: Corvos
Podía vivir cen anos máis
e andar de esquelete polas rúas.

E o ceo darnos bo solaz
e as estrelas virarse fugaces.

PERO OS CORVOS POUSAN NO MEU TELLADO
E O MEU TELLADO ESTASE A DESTELLAR…

E o vello Diddley toca rock and roll
coa súa banda na cruz dos camiños.

R&R **

E os ghatos miañan cando
eu paso laiando pola beirarrúa.

E esta noite xa se fixo inverno
velaí, caen os chuzos de punta.

E OS CORVOS POUSAN NO MEU …
Track Name: Feliz
Feliz día ós desesperados de almas sempre sen acougo.
Feliz día ós decepcionados, que o mundo vos devolva os soños.
Feliz día ós desquiciados, que a paciencia vos dea arrolo.
Feliz día ós namorados de amores abandonados.

Feliz día ós feridos en batallas de porcas bandeiras.
Feliz día ós oprimidos pola forza dos poderosos.
Feliz día ós arruinados, que se perdan as contas nos bancos.
Feliz día ós condenados, que se esquezan todos os pecados,

FELIZ … DÍA … FELIZ … !!

Feliz día ós desamparados, que o ceo vos dea cobixo.
Feliz día ós esquecidos, que os recordos barullen ruído,
Feliz día ós medosos que a noite vos torne do medo,
Feliz día ós tolos, que o sentido vos guíe o camiño,

Feliz dia ós enfermos, que mañá espertedes curados.
Feliz día ós famentos de esqueletes sempre baleiros.
Feliz día ós “ionkis”, que teñades unha boa viaxe.
Feliz día ós ruíns que o reloxo vos traia bondade,

FELIZ … DÍA … FELIZ … !!

Feliz día ós borrachos que ogallá non pechen a tabernas,
Feliz día ós que perderon o seu norte no vello carreiro,
Feliz día ós que chorades polas amizades defuntas.
Feliz día ós moribundos, que a morte vos deixe descanso.

Feliz día ós que viven facendo equilibrios no arame.
Feliz día ós ladrons, que o botín non lles colla nos sacos,
Feliz día ós caciques, que esta noite coman perdices.
Feliz día ós tristes, que sexades sempre felices.

FELIZ … DÍA … FELIZ … !!